martes, 30 de septiembre de 2014

Charla sobre os Riscos cardiovasculares da Carreira a pé

Dentro das Accións formativas do programa Circuito de Carreiras de Pontevedra (CCCP), ofrecerase, o vindeiro día 9 de Outubro, unha charla sobre medicina e deporte que contará coa colaboración de Fernando Huelin Trillo, médico do CGTD e do Centro Médico Pontevedra como ponente, co título "Riscos Cardiovasculares da Carreira a Pé", así como Jonathan Cancela, adestrador de triatlón do mesmo CGTD de Pontevedra, que aportará o tema: "Non só é correr. Adestramento complementario para a carreira".

Organizado polo Concello de Pontevedra e o IMD de Pontevedra, terá lugar o vindero 9 de Outubro, ás 20:30 horas, no Casino Mercantil de Pontevedra, con entrada de balde até compreta-lo aforo.